domingo, 25 de agosto de 2013

NO NOVO NÚMERO DA REVISTA

CONVERGÊNCIA CRÍTICA

Capa da revista


Os nosos prezados presos na torpe condena dos 24 detidos de Gdeim Izik

Santiago "Shanti" Jiménez

Resumo


O pasado domingo facíase pública a sentenza que condenaba a vinte e catro saharauís detidos dende a destrución do campamento de Gdeim Izik, tamén chamado polos seus ocupantes da Dignidade, e mantidos en prisión preventiva por máis de dous anos. O Tribunal militar de Rabat, reunido dende o día 8 de febreiro, condenaba aos acusados polos delitos de "constitución de bandas criminais, violencia contra as forzas da orde con resultado de morte, premeditación e mutilación de cadáveres" a penas de prisión a perpetuidade para nove dos procesados, trinta anos de cárcere para outros catro, vinte e cinco no caso doutros sete detidos, vinte para tres máis e dous para os restantes dous últimos aos que se puxo inmediatamente en liberdade pois a duración da detención previa ao xuízo superaba o tempo da súa condena.

Palavras-chave


Derechos humanos, Marrocos, Sahara

Nenhum comentário:

Postar um comentário